CO.SA.GA. ten levado a cabo importantes reformas na infraestrutura e equipamento da Unidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial para completar os medios técnicos dos que xa dispuña, e converteuse no primeiro centro hospitalario de Galicia en contar con ferramentas de diagnóstico e planificación virtual para cirurxías do esqueleto facial.
Na Unidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial de CO.SA.GA. traballan:
- Dr. Xosé Rubal Cirurxián Maxilofacial
- Dra. Carolina Quintas Odontóloga
En CO.SA.GA. Dental ofrecemos unha resposta integral e personalizada, tanto a adultos coma a nenos (Odontopediatría) aos problemas e necesidades do paciente nun ámbito hospitalario. Esta circunstancia ofrece maiores garantías para o doente e permítenos atender todas as Urxencias Postcirúrxicas durante as 24 horas do día os 365 días do ano, incluída a hospitalización do doente se fose necesaria supervisada polo facultativo correspondente.
En CO.SA.GA. Dental somos especialistas en tratamentos sen dor e contamos coas últimas tecnoloxías sempre ao servicio do paciente.
En CO.SA.GA. Dental proporcionamos financiamento personalizado á medida do paciente. Todas as necesidades e orzamentos pódense consultar sen compromiso no correo dental@cosaga.com ou no teléfono 988 210 279.
En CO.SA.GA. Dental dispoñemos de tratamentos médico-cirúrxicos con ferramentas de diagnóstico e planificación pioneiras en Galicia:
- Dores da articulación da mandíbula. Orientamos sobre a orixe e ofrecemos solucións ao problema.
- Se faltan varias pezas dentais, ofrécense solucións para tódalas situacións. Desde os máis sinxelos ata aos máis complexos grazas a técnicas avanzadas de implantoloxía e a planificación cirúrxica virtual.
- Procedementos de rexuvenecemento facial.
- Cirurxía Ortognática para corrixir mordidas inadecuadas e corrixir perfís cos mellores medios para o diagnóstico e unha planificación virtual en 3D.
- Estudos específicos para determinar se os ronquidos ou apneas do soño están relacionados con problemas maxilares, como acontece nunha elevada porcentaxe de casos.
- Exploracións e detección precoz de problemas en casos como lesións na boca ou vultos na faciana e o pescozo.
En CO.SA.GA. Dental existen solucións en tódolos procedementos e para tódolos casos odontolóxicos e de implantoloxía:
- Odontoloxía xeral
- Prótesis dental e implantes
- Tratamentos periodontales
- Odontopediatría
- Ortodoncia
Policlínico Santa Cristina
- Sáenz Díez Nº3 Tel: 988 210 279
- Información e cita previa en Policlínico Santa Cristina
Tel: 988 210 279
- Urxencias postcirúrxicas en Clínica Santa Teresa
Tel: 988 371 710/11/12