Área Cirúrxica  |  Unidade de Hospitalización  |  Unidade de Apoio Psicolóxico  |  Unidade de Coidados Intensivos  |  Urxencias  |  Scanner Ourense  |  CO.SA.GA. Dental  |  Cendisa  |  Unidad de Dano Cerebral e Lesionados Medulares

Área Cirúrxica

 
Información

 

CO.SA.GA. é un hospital eminentemente cirúrxico. E como tal, a Área Cirúrxica da que dispón é unha das pezas máis importantes e destacadas de todo o seu funcionamento global.

A Área Cirúrxica de CO.SA.GA. sitúase no quinto andar da Clínica Santa Teresa e conta con dous quirófanos xerais dotados do mellor equipamento tecnolóxico para a realización das intervencións catalogadas no hospital. A área complétase cun quirófano de cirurxía menor ambulatoria no Policlínico Santa Cristina.

A polivalencia dos quirófanos determina unha atención rápida e de máxima calidade para calquera das especialidades cirúrxicas. Así mesmo conta cunha sala de curas e xesos, e cunha sala de espertar para a recuperación dos pacientes en postoperatorio inmediato. A Área Cirúrxica atópase directamente comunicada co servizo de esterilización. Os servizos de laboratorio, banco de sangue e anatomía patolóxica encóntranse intimamente relacionados e garanten a rápida realización de probas diagnósticas, de biopsias intraoperatorias e o tratamento das mostras postoperatorias.

A solvencia profesional, a capacitación, o prestixio, a experiencia, a capacidade de traballo en equipo, maila mellora continua fan parte dos valores que se poden atribuír aos profesionais da Área Cirúrxica: cirurxiáns, anestesistas e persoal de enfermaría que garanten unha atención precisa traducida en bos resultados.

 
 
 

 
A seguridade do paciente é a máxima prioridade na Área Cirúrxica. Esta protección vén garantida grazas a:

 

  • Avanzados equipos de anestesia que permiten unha exacta monitorización e acompañamento do paciente durante a cirurxía
  • Sistemas de filtrado e climatización do aire e presión positiva que reducen o risco de infección
  • Sistemas de seguridade eléctrica
  • Programa de garantía de calidade da área cirúrxica que garanta as condicións de seguridade requiridas (análises ambientais, mantemento preventivo, …)
  • Listas de verificación da seguridade cirúrxica, implantadas desde hai anos en CO.SA.GA., que eliminan erros vitais e garanten a presenza das mellores condicións posibles para a realización da cirurxía

 

 
Innovación

 

CO.SA.GA. pon á disposición das persoas que precisan someterse a unha intervención cirúrxica e aos cirurxiáns que realizan a súa actividade, un equipamento material de última xeración e un persoal altamente cualificado nunhas instalacións seguras en proceso de constante mellora e permanente innovación.

Acometeuse a total reforma dos equipos de iluminación dos quirófanos e mellorouse o equipo de laparoscopia e artroscopia e os sistemas de climatización, que permiten a realización de intervencións de cirurxía ortoprotésica en condicións de gran seguridade ambiental. As referidas melloras converten en realidade o espírito innovador do hospital e fan que os quirófanos de CO.SA.GA. camiñen cara ao futuro con bo paso e ofrecendo aos usuarios as mellores solucións.

 

 
CO.SA.GA. dispón de:

 

  • Dous quirófanos equipados para a realización de intervencións seguras e de alta complexidade. Con 3 carros de anestesia de altas prestacións, un carro de parada, un carro de intubación difícil, monitorización cardiorrespiratoria
  • Os dous quirófanos están provistos de filtración de alto nivel e presión positiva
  • Duas torres para a realización de laparoscopia e artroscopia, con equipos de alta definición
  • Dous equipos radiolóxicos para a realización de escopia intracirúrxica
  • Un facoemulsificador e un microscopio para cirurxía otorrinolaringolóxica e outro para oftalmolóxica
  • Caixas de instrumental específico adaptado a cada tipo de procedemento
  • Un quirófano totalmente equipado para cirurxía menor ambulatoria

 

 
Recursos Humanos

 

O equipo de cirurxiáns e anestesistas está composto por profesionais de recoñecida traxectoria e experiencia. A eles, debemos sumar un equipo de enfermaría estable, composto por profesionais con ampla capacitación. A estabilidade, a formación e as calidades profesionais e persoais das distintas persoas permiten o funcionamento harmónico dos equipos cirúrxicos e que o centro de atención se localice no doente para a correcta realización das técnicas cirúrxicas, garantindo o seu benestar e seguridade.

 

 
Na área cirúrxica de CO.SA.GA., realízanse procedementos ligados ás seguintes especialidades.

 

  • Cirurxía traumatolóxica e ortopédica. Cirurxía ortopédica, realización de máis de 300 intervencións anuais de artroplastia de xeonllo e cadeira. Cirurxía artroscópica de xeonllo, ombreiro, nocello, cóbado, cadeira. Cirurxía do pé, hallux valgus, tratamento da metatarsalxia, dedos martelo… Cirurxía traumatolóxica no tratamento de fracturas. Cirurxía da man
  • Cirurxía xeral e do aparello dixestivo. Cirurxía laparoscópica para o tratamento do cancro colo-rectal, patoloxía da vesícula e vías biliares. Cirurxía maior no tratamento das patoloxías dixestivas. Cirurxía proctolóxica. Cirurxía da tiroide. Cirurxía da mama. Cirurxía correctora dos defectos da parede abdominal (hernias, eventracións, …)
  • Cirurxía urolóxica
  • Cirurxía xinecolóxica e obstétrica
  • Cirurxía vascular. Cirurxía das varices
  • Neurocirurxía. Cirurxía da columna
  • Cirurxía oftalmolóxica. Cirurxía da catarata por facoemulsificación
  • Cirurxía plástica e reparadora
  • Cirurxía dermatolóxica
  • Cirurxía otorrinolaringolóxica
  • Cirurxía maxilofacial
  • Cirurxía infantil
  • Tratamento da dor
  • Cirurxía sen sangue. Preparación, tratamento intraoperatorio e acompañamento postoperatorio de tódolos pacientes que deciden someterse a unha cirurxía sen uso de hemoderivados

 

CO.SA.GA. 2015 CO.SA.GA. Clínica Santa Teresa - Sáenz Díez, 11 (32003) Ourense España Tel: 988 37 17 10 /11/12
CO.SA.GA. 2015 | Aviso Legal | Política de Cookies | Deseño
Nº Registro Sanitario: C-32-000118

As nosas tarifas están disponibeis para todos os clientes. Solicíteas en Administración

Uso de cookies

Esta web utiliza las cookies. Si continúa navegando consideramos que está de acuerdo con su uso. Podrá revocar el consentimiento y obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.

CERRAR
CO.SA.GA
Responsive Menu Image Responsive Menu Clicked Image